Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para o persoal do campus de Pontevedra

Prevención de riscos laborais

02-02-2026 ata: 05-02-2026

Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal do Campus de Pontevedra:

  • Edificio de Comunicación/Xestión Pública
  • Escola de Enxeñaría Forestal
  • Facultade de Fisioterapia
  • Facultade de Belas Artes
  • Casa das Campás
  • Facultade de CC da Educación e do Deporte
  • Pavillón Universitario de Pontevedra
  • Edificio Benito Corbal

A petición da cita para a analítica farase a través da aplicación do Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vitaly).

TODO O QUE NECESITA SABER PARA SOLICITAR A SÚA CITA

Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao SPRL teléfono 986 814 088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.gal

No caso de que precise cambiar a cita, unha vez finalizado o prazo de solicitude para a analítica a través da web, ou a concertada para o recoñecemento médico, debe chamar ao teléfono da enfermería 986 866 490.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 986 814 088.

Lembre que o recoñecemento médico periódico ten como finalidade analizar a posible repercusión do traballo sobre a saúde do persoal traballador e para isto é preciso que o traballador/a se someta ao exame de saúde e realice as probas que consideren necesarias os/as profesionais de medicina da saúde.