Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Lanzamento dunha nova edición do programa One2One en inglés, português e francés

Internacionalización

27-01-2026 ata: 23-04-2026

Prezada comunidade universitaria:

Comprácenos anunciar que a Vicerreitoría de Internacionalización lanza unha nova edición do programa One2One en inglés/ Frente a frente en portugués /Tête-à-tête en francés.

Gustaríanos lembrar que o programa One2One/ Frente a frente /Tête-à-tête é unha actividade financiada e sen custo, que ten como obxectivo mellorar as habilidades de expresión, mediación e interacción oral en inglés, portugués e francés. A través de sesións individuais con profesorado do Centro de Linguas (CdL), estudantes, docentes e PTXAS poderán perfeccionar o seu dominio destes idiomas en contextos formais e informais.

Poderán traballar diversos aspectos, como a preparación dunha presentación para un evento científico, a defensa do TFG ou TFM en lingua estranxeira ou simplemente gozar dunha conversa informal para mellorar a fluidez.

As inscricións comezarán o 21 de xaneiro e os horarios son os seguintes:

As persoas interesadas en participar deben inscribirse no seguinte enlace:

Ligazón English One2One: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/ingles/

Ligazón Portugués Frente a frente: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/portugues/

Ligazón Francés Tête-à-tête: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/outras-linguas/

Horario orientativo:

Inglés One2One

Dende o 3 de febreiro ao 23 de abril (60 horas)

Martes e xoves de 12.00 a 13.00 horas

Mércores de 16.00 a 18.00 horas

 

Portugués Frente a frente

Dende o 23 de febreiro ao 23 de marzo. (20 horas)

Luns 12.00 a 14.00 horas e 17.00 a 19.00 horas

 

Francés Tête-à-tête

Dende o 24 de febreiro ao 27 de marzo. (20 horas)

Martes 17.00 a 19.00 horas

Venres 10.00 a 12.00 horas

 

Un e-saúdo dende a Vicerreitoría de Internacionalización