Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Seminario de Clarivate "Protexe a túa investigación fronte a publicacións retractadas" (28 de xaneiro)
Biblioteca
21-01-2026 ata: 29-01-2026O día 28 de xaneiro terá lugar o seminario web organizado por Clarivate “Protege tu investigación frente a publicaciones retractadas: empoderar a los investigadores con la identificación de retractaciones en soluciones Clarivate”, presentado por Gabriela Balladares (consultora de Clarivate).
As retractacións nas publicacións académicas están aumentando, o que supón un desafío para manter a credibilidade das investigacións. Clarivate proporciona datos de retractación oportunos e transparentes, en Web of Science e EndNote, o que permite que se poidan identificar as publicacións retractadas e manter a integridade do traballo ao longo da investigación.
A xornada é gratuíta e en español e xa está aberta a inscrición:
Mércores 28 de xaneiro, de 14:00 a 15:00 h.
Protege tu investigación frente a publicaciones retractadas: empoderar a los investigadores con la identificación de retractaciones en soluciones Clarivate
O rexistro debe facerse co correo institucional na seguinte ligazón: https://clarivatesupport.webex.com/weblink/register/r82da3c558da295d709137eddc3a57454
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo