Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas de mobilidade Salvador de Madariaga e José Castillejo

Recursos Humanos de I+D

19-01-2026

O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades vén de publicar a convocatoria de axudas para estadías José Castillejo e Salvador de Madariaga que permanecerá aberta entre:

  • 29 de xaneiro e o 18 de febreiro de 2026 ás 14.00 horas no caso da convocatoria  «Ayudas para estancias de movilidad en el extranjero José Castillejo para jóvenes doctores 2025» que pode ser consultada no seguinte enlace
  • 28 de xaneiro e o 18 de febrero de 2026 ás 14.00 horas no caso da convocatoria «Ayudas para estancias de personal docente y/o investigador senior en centros extranjeros 2025» que pode ser consultada no seguinte enlace

É necesario que cada solicitude vaia acompañada do Certificado do organismo de adscrición cuxo modelo se pode atopar no enlace anterior, no apartado «Presentación de solicitudes». Este certificado será asinado pola representante legal da Universidade de Vigo despois de comprobar a información que nel se pide respecto a cada solicitante.

Polo tanto, tódalas persoas interesadas en presentar unha solicitude de axudas Salvador de Madariaga ou José Castillejo deben enviar o referido certificado en formato word ao enderezo xestion.rhi@uvigo.gal

Encherase cos datos que se piden.

No apartado 1. Datos do organismo de adscrición.e no pe da sinatura hai que poñer:

  • Nombre del organismo de adscripción: Universidad de Vigo, CIF: Q8650002B
  • Datos del Representante legal o Responsable con delegación de firma para este trámite en Sede Electrónica:
  • Cargo: Vicerrectora de Investigación, Transferencia e Innovación
  • Apellidos, nombre: Rubio Armesto, María Belén
  • Correo electrónico: vicinv@uvigo.gal

O último día para envialo é o  11 de febreiro de 2026.

Unha vez asinado, será devolto á persoa interesada para que o presente xunto coa solicitude.

Lembramos a necesidade de ter autorizada a estadía na Universidade de Vigo a través dunha licenza para os efectos de docencia e investigación.