Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

I Ciclo Formación en liña WOS 2026 (20 a 22 de xaneiro de 2026)

Biblioteca

13-01-2026 ata: 23-01-2026

Entre o 20 e o 22 de xaneiro de 2026 terán lugar as tres primeiras sesións do I Ciclo de Formación en liña 2026 da base de datos Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións gratuítas, de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.

É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.

 

Martes, 20 de xaneiro de 14:00-15:00h. Ciencias sociais e humanidades en Web of Science – Nivel básico. Inscrición

  • A Colección Principal, unha fonte multidisciplinar e multilingüe
  • Revistas españolas en Web of Science
  • Descubrir citas de calquera obra (novela, arte etc.)

Mércores, 21 de xaneiro de 14:00-15:00h. Preguntas frecuentes sobre os perfís de investigador en Web of Science – Nivel avanzado. Inscrición

  • Engadir publicacións fóra da Colección Principal
  • Resolver as incidencias máis comúns
  • Como as bibliotecas poden axudar

Xoves, 22 de xaneiro de 14:00-15:00h. Revisións por pares: boas prácticas e recomendacións – Nivel avanzado. Inscrición

  • Revisións por pares: boas prácticas (José Luis Gómez Ramos, Prof. na Universidade de Estremadura)
  • As revisións por pares en Web of Science (Anne Delgado) 

Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/i-ciclo-de-formacion-online-web-science-enero-junio-de-2026-jornadas-de-enero-2026

 

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@biblio_uvigo