Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

INFORMACIÓN DA VICERREITORÍA DE PROFESORADO E ORDENACIÓN ACADÉMICA SOBRE A CONVOCATORIA DE QUINQUENIOS 2025

Información ao PDI

29-12-2025

INFORMACIÓN DA VICERREITORÍA DE PROFESORADO E ORDENACIÓN ACADÉMICA SOBRE A CONVOCATORIA DE QUINQUENIOS 2025

No Consello de Goberno celebrado o día 22 de decembro de 2025 aprobáronse diferentes modificacións na normativa da avaliación da actividade docente (quinquenios).

Pola súa parte, mediante Resolución reitoral do 9 de decembro de 2025 realizouse a convocatoria extraordinaria de avaliación docente 2024 para persoal investigador posdoutoral, establecendo o prazo de presentación de solicitudes dende o día 10/12/2025 ata o día 9/01/2026.

En consecuencia, e coa finalizade de evitar o solapamento dos prazos de presentación de solicitudes das diferentes convocatorias, infórmase que a convocatoria de AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE CORRESPONDENTE AO ANO 2025 realizarase a partir do 12/01/2026, manténdose o mesmo procedemento que a correspondente ao ano 2024:

1º quinquenio: a instancia das persoas interesadas no prazo que se estableza.

2º e sucesivos: de oficio por parte da universidade; unha vez publicada a convocatoria remitiranse propostas de resolución de acordo cos tramos que correspondan.

Os efectos económicos da presente convocatoria serán dende o 1 de xaneiro de 2026.