Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria 3º concurso profesorado asociado 2025-2026 (AS2503)

Convocatoria de prazas de PDI

23-12-2025 ata: 23-03-2026

Con data de hoxe anunciouse no DOG a resolución reitoral, publicada no repositorio de convocatorias (vínculo máis abaixo) pola que se convoca o 3º CONCURSO PÚBLICO PARA A CONTRATACIÓN DE PROFESORADO ASOCIADO. CURSO ACADÉMICO 2025-2026.

Datas de presentación de solicitudes: do 24 de decembro de 2025 ao 9 de xaneiro de 2026 (ambos inclusive).

Téñase en conta o cambio normativo: a experiencia profesional previa é de 3 anos nos últimos 5, o currículo débese formalizar empregando o modelo da FECYT, non hai que presentar proxecto docente e hai entrevista persoal coa CEA.