Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria sexenios PDI funcionario

Información ao PDI

19-12-2025 ata: 21-03-2026

Con data de hoxe publicouse no BOE a convocatoria 2025 de sexenios do PDI funcionario así como os criterios específicos para a avaliación da actividade investigadora.

O prazo de presentación de solicitudes: do 9 ao 30 de xaneiro de 2026 (ambos inclusive)

As follas de servizo a achegar deben ter data posterior á de publicación da convocatoria (base 5.3.d), é dicir, deben ser do 20/12/2025 en adiante. 

   - · -

O PDI laboral deberá agardar á publicación da correspondente convocatoria da Universidade de Vigo para saber as datas de presentación de solicitudes así como as particularidades de tramitación que se esixan.

Segundo indicacións da ANECA, ese prazo de solicitudes previsiblemente será posterior ao peche do prazo concedido ao PDI funcionario.