Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Concerto de Nadal do Coro Universitario do campus de Ourense

Información cultural

18-12-2025

O domingo 21 de decembro ás 20.30 horas na Igrexa de Santa Eufemia de Ourense o Coro Universitario ofrécenos o seu tradicional concerto de Nadal. Contaremos, como agrupacións convidadas coa Capela Madrigalista (Ourense), Música Viva (O Carballiño) e o Coro infantil do campus de Ourense. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.