Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Wiley: traballos de mantemento da plataforma de publicación (do 28 de decembro ao 2 de xaneiro)
Biblioteca
17-12-2025 ata: 04-01-2026Entre o 28 de decembro de 2025 e o 2 de xaneiro de 2026, Wiley vai realizar tarefas de mantemento que poden afectar aos seus servizos para autores/as. En concreto, os días 31 de decembro e 1 de xaneiro, as plataformas de servizos para autores/as de Wiley estarán fóra de liña.
O día 3 de xaneiro restablecerán o funcionamento habitual.
Máis información sobre a publicación en acceso aberto en Wiley: biblioguía Acordos transformativos para publicar en acceso aberto
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca Central Campus Vigo
Teléfono: (+34) 986 813 851
accesoabertoacordos@uvigo.gal