Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Convidámosvos a participar OdiseIA4Good 2026, un hackathon que ten como obxectivo empregar a intelixencia artificial para crear solucións que transformen a vida de colectivos vulnerables.
OdiseIA4Good 2026 é unha iniciativa internacional impulsada polo Observatorio do Impacto Ético e Social da Intelixencia Artificial, co respaldo de Google.org e da Fundación Pablo VI e coa colaboración da Universidade de Vigo como socio académico.
O hackathon está dirixido a todas as persoas maiores de idade ou as organizacións comprometidas co uso da intelixencia artificial para xerar impacto social positivo en colectivos vulnerables. Poderán participar estudantes, investigadores/as; emprendedores/as, empresas e start-ups; profesionais; entidades sociais, asociacións e ONG; e administracións públicas.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 20 de xaneiro de 2026.
Máis información: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/novas/hackathon-odiseia4good-2026
- Hackathon OdiseIA4Good 2026 [1643.48 Kbytes]
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222