Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O día 16 de decembro terá lugar a xornada “Analiza la relevancia de tu producción científica con base a criterios de autor, revistas e impacto social [en Scopus]” dentro do II Ciclo de Formación Online de Scopus organizado pola FECYT en colaboración con Elsevier.
A xornada é gratuíta e en español e xa está aberta a inscrición, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.
- Martes 16 de diciembre, de 15 a 16 h. Analiza la relevancia de tu producción científica con base a criterios de autor, revistas e impacto social.
Esta sesión, organizada por Elsevier, limítase á información recollida na base de datos Scopus.
Toda a información sobre a convocatoria, inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina de formación da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-scopus-julio-diciembre-de-2025-jornadas-de-diciembre-2025
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo