Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sesións formativas en liña sobre a biblioteca virtual eLibro nos meses de decembro e xaneiro
Biblioteca
04-12-2025 ata: 28-01-2026Durante os meses de decembro e xaneiro, eLibro ofrece sesións de formación en liña sobre a súa biblioteca virtual para o alumnado. Cada sesión ten unha duración de 30 minutos, e as persoas interesadas poden inscribirse en calquera delas.
Xa está aberto o prazo de inscrición, que deben facer cunha conta institucional da Universidade de Vigo.
Obxectivos: crear unha conta, buscar, ler en liña, uso de eLi (a ferramenta de intelixencia artificial de eLibro), descarga de libros coa APP etc.
Datas e horas das sesións
Martes 9 de decembro de 2025: 13:00 horas. Inscrición
Martes 16 de decembro de 2025: 13:00 horas. Inscrición
Martes 13 de xaneiro de 2026: 13:00 horas. Inscrición
Martes 27 de xaneiro de 2026: 13:00 horas. Inscrición
Máis información: elibro.es
eLibro utiliza a ferramenta Zoom para as súas sesións; poden seguilas no PC ou no móbil. As persoas que participen nalgunha das sesións poden solicitar o certificado de asistencia a capacitacion@elibro.com.
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo