Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo Formación en liña Web of Science (9-11 de decembro de 2025)

Biblioteca

02-12-2025 ata: 12-12-2025

Entre o 9 e o 11 de decembro de 2025 terán lugar tres últimas sesións do II Ciclo de Formación en liña 2025 da base de datos Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións gratuítas, de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario. É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.

  • Martes, 09 de decembro, de 14 a 15 h. Descubrir os perfís de investigadoras/es en Web of Science (nivel básico)
    • As/os autoras/es, os seus identificadores e os seus perfís en Web of Science
    • Como se crean e validan os perfís de investigador/a?
    • Crear, editar e compartir o perfil

Inscrición

  • Mércores, 10 de decembro, de 14 a 15 h. Administrar un perfil de investigador/a en Web of Science (nivel avanzado)
    • Actualizar un perfil
    • Corrixir un perfil
    • Configurar as notificacións automáticas

Inscrición

  • Xoves, 11 de decembro, de 14 a 15 h. As métricas dos perfís de investigador/a de Web of Science (nivel avanzado)
    • As publicacións, as métricas asociadas e opcións de exportación
    • Interpretar as métricas normalizadas do beamplot de impacto
    • Analizar publicacións e documentos citantes para obter unha visión panorámica

Inscrición

Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2025-jornadas-de-diciembre

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo