Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Novas convocatorias de proxectos europeos 2026 Erasmus+, xornada formativa OPI-área educativa

Información ao PDI

26-11-2025 ata: 26-11-2027

Prezado PDI:

Convidámosvos a participar nas Xornadas Formativas organizadas pola Oficina de Proxectos Internacionais, área educativa, da UVigo: "Coñece o novo financiamento de proxectos europeos Erasmus+ 2026". Mediante esta iniciativa queremos ofrecervos a oportunidade de achegarvos ás diferentes accións do programa, ás novidades introducidas para este período e ás estratexias para acceder ao financiamento europeo destinado a proxectos innovadores no ano 2026.
Presentaremos tamén a nova Guia de financiamento Erasmus+2026.

Datas: do 1 ao 4 de decembro de 2025 (sesións temáticas por día e por convocatoria).
Horario: De 10:00 a 12:00 horas.
Modalidade: Actividade virtual a través do campus remoto da UVigo (as claves de acceso ao campus remoto serán enviadas unha vez formalizada a inscrición).
Inscrición: a inscrición está aberta a través do seguinte formulario.

PROGRAMA (descarga o programa):

- 1 DE DECEMBRO 2025:

10.00-10.10 h. Apertura institucional. Belén Rubio Armesto. Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación.

10.10-10.45 h. Novidades nas convocatorias europeas de proxectos Erasmus+ 2026, calendario de presentación de propostas e financiamiento. Eva Garea Oya. Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).

10.45-1130 h. Como presentar unha solicitude de proxecto no EU Funding & Tenders Portal. Os proxectos KA2 de asociacións para a cooperación. Lorena Diana Gatea. Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).

11.30-11.45 h. Boas prácticas en proxectos Erasmus+ KA2. Proxecto “Up2You: Upgrading university pathways to promote bottom-up sustainable and inclusive development”. Equipo “Up2you” na UVigo.

11.45-12.00 h. Peche da xornada: preguntas, comentarios e conclusións.

- 2 DE DECEMBRO 2025:

10.00-10.05 h. Introdución á xornada. Eva Garea Oya. Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).

10.05-10.45 h. Erasmus+ Capacity Building no ámbito da educación superior. Ruth Domínguez Martínez. Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).

10.45-11.15 h. Erasmus+ Accións Jean Monnet no ámbito da educación superior. Diego Fernández Sevilla. Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación (OPI Ourense).

11.15-11.30 h. Boas prácticas en proxectos Capacity Building no ámbito da educación superior. Manuel Fernández Veiga. Coordinador do proxecto na UVigo: "Applied Human Machine Intelligence in East Africa (AHUMAIN)".

11.30-11.45 h. Boas prácticas en proxectos Jean Monnet. Annina Cristina Burgin Piñeiro Oliveira. Coordinadora do proxecto na UVigo: "BluEcoEU: Legal and governance aspects of the Sustainable Blue Economy of the European Union".

11.45-12.00 h. Peche da xornada: preguntas, comentarios e conclusións.

- 3 DE DECEMBRO 2025:

10.00-10.05 h. Introdución á xornada. Eva Garea Oya. Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).

10.05-10.40 h. Erasmus+ KA2 asociacións para a excelencia. Centros de Excelencia Profesionais (CoVE). Lorena Diana Gatea. Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).

10.40-11.10 h. Erasmus+: Erasmus Mundus Design Measures (EMDM) e Erasmus Mundus Joint Masters (EMJM). Diego Fernández Sevilla. Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación (OPI Ourense).

11.10-11.40 h. Erasmus+ KA2 alianzas para a innovación. Alberto Rellán López. Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación (OPI Pontevedra).

11.40-11.50 h. O deseño de proxectos Erasmus Mundus Design Measures na UVigo: "GENDER ON DIGITAL: Master in Digitalisation and Gender" e "INTERTWINED: International Master in Interwined Humanities and Technology". Eva Garea Oya.

11.50–12.00 h. Peche da xornada: preguntas, comentarios e conclusión.

- 4 DE DECEMBRO 2025:

10.00-10.05 h. Introdución á xornada. Eva Garea Oya. Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).

10.05-11.00 h. Erasmus+ Sports: asociacións de cooperación, Capacity Buiding, acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro. Alberto Rellán López. Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación (OPI Pontevedra).

11.00-11.30 h. Boas prácticas en proxectos Erasmus+ Sports. José María Cancela Carral. Coordinador dos proxectos na UVigo: "In Common Sports: Intergenerational Competition as Motivation for Sport and Healthy Lifestyle of Senior Citizens" e "INSPORT: In Common Sports+: Fit, Food and Fun for Elderly!"

11.30-11.40 h. Peche da xornada: preguntas, comentarios e conclusións.

Agardamos que estas xornadas sexan do voso interese. Moitas grazas pola vosa participación.

Un cordial saúdo,

Eva Garea Oya
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.