Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo Formación en liña Scopus (2 a 4 de decembro de 2025)

Biblioteca

22-11-2025 ata: 05-12-2025

No mes de decembro a FECYT, en colaboración con Elsevier, van repetir algunhas das xornadas de formación enmarcadas no “II Ciclo de Formación Online de Scopus”. Estas xornadas son gratuítas e en español.

Xa está aberta a inscrición para estas sesións, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

 

  • Martes 2 de decembro, de 10 a 12h. Scopus: nivel básico e intermedio. Inscrición
  • Mércores 3 de decembro, de 15 a 16h. Scopus: busca avanzada. Inscrición
  • Xoves 4 de decembro, de 10 a 11h. Scopus: sesión de preguntas e respostas. Inscrición

 

Toda a información sobre a convocatoria, inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt:

https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-scopus-julio-diciembre-de-2025-jornadas-de-diciembre-2025

 

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@biblio_uvigo