Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Xa se pode escoitar o novo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo:
Neste episodio entrevistaremos a Begoña Vila, a astrofísica viguesa da NASA recentemente investida doutora honoris causa pola UVigo. Tamén escoitaremos a segunda candidata que concorrerá ás eleccións á Reitoría de 2026, a catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións, Carmen García Mateo.
Falaremos dun proxecto de investigación que persegue facer fronte á seca a través do deseño dun innovador sistema que permite a recolección de auga de resío. Escoitaremos o PDI e o PTXAS homenaxeado pola súa xubilación e viaxaremos coa imaxinación a Italia e a Arxentina, os países de orixe do alumnado estranxeiro que compartirá as súas experiencias na UVigo.
Completaremos este episodio cos detalles do plan piloto de acompañamento psicolóxico para facer fronte a dificultades derivadas da experiencia académica do noso alumnado; co repaso da axenda con citas tan relevantes como a Semana de Cine Submarino ou Debut; cunha recomendación editorial centrada nas cadeas de bloques, as criptomoedas ou os NFT; e coa nova Orquestra da UVigo.
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222