Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Acto institucional do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Unidade de Igualdade
17-11-2025 ata: 17-11-2025No espazo universitario, a igualdade de xénero é moito máis ca unha meta institucional: é unha responsabilidade colectiva que nos implica a todas as persoas que formamos parte da Universidade de Vigo. O tratamento das violencias sexuais —especialmente o acoso sexual— debe tratarse apostando por unha mirada aberta, crítica e transformadora, baseada na formación rigorosa, o respecto, a ética do coidado e a convivencia.
Nesta liña de traballo, o próximo luns terá lugar o acto institucional do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que consiste nunha xornada universitaria que terá lugar presencialmente na Aula Magna Concepción Arenal. Edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense. Tamén pode seguirse en directo pola canle 2 da UVigoTV????
O programa completo pódese consultar no espazo web da Unidade de Igualdade.
Esta actividade está aberta a toda a comunidade universitaria.
- igualdade@uvigo.gal
- +34 986 813 419