Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Aviso para coordinadores/as docentes de materias
Información ao PDI
14-11-2025 ata: 14-11-2025Bo día,
Para levar a cabo a avaliación do profesorado implicado nas tarefas docentes universitarias das titulacións do curso 2025/2026 da Universidade de Vigo, lembramos que as persoas coordinadoras docentes de cada materia deben asignar aos estudantes aos grupos teóricos e prácticos. Deste xeito, o alumnado poderá avaliar o profesorado que imparta docencia nestes grupos.
Esta asignación só será necesaria naquelas materias que conten con dous ou máis grupos teóricos ou prácticos.
Para facilitar esta labor, inclúese neste correo un manual elaborado pola Unidade Sigma no que se explica o procedemento a seguir. Para calquera dúbida ou aclaración, poden contactar por correo electrónico a consulta.sigma@uvigo.gal.
Moitas grazas.
- Guia reparto alumnado grupos [372.13 Kbytes]
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595