Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo Formación en liña Web of Science (11-13 de novembro de 2025)

Biblioteca

05-11-2025 ata: 14-11-2025

Entre o 11 e o 13 de novembro de 2025 terán lugar tres novas sesións do II Ciclo de Formación en liña 2025 da base de datos Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións gratuítas, de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario. É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.

  • Martes, 11 de novembro de 14:00-15:00h. As revistas da Colección Principal de Web of Science (nivel básico) 
    • Como se seleccionan e avalían as revistas da Colección Básica?
    • Como se clasifican as revistas por índice de citas e categoría?
    • Exploración da información dispoñible en Master Journal List

Inscrición

  • Mércores, 12 de novembro de 14:00-15:00h. Estratexias para atopar máis información con Web of Science (nivel avanzado)
    • Explorar suxestións de lectura
    • Analizar un grupo de artigos
    • Crear un informe de citas e analizar os artigos citantes

Inscrición

  • Xoves, 13 de novembro de 14:00-15:00h. Desde consultas simples ata complexas en Web of Science (nivel avanzado)
    • Consellos para buscar sinónimos ou frases
    • Como utilizar o operador de proximidade
    • Crear, editar e compartir consultas complexas

Inscrición

Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2025-jornadas-de-noviembre.

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo