Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria actualización e ampliación listaxes agarda substitutos (curso 2025-2026)

Convocatoria de prazas de PDI

30-10-2025 ata: 30-01-2026

Con data de hoxe anunciouse no DOG a resolución reitoral, publicada no repositorio de convocatorias (vínculo máis abaixo) pola que se convoca o procedemento de actualización e simultáneo concurso para a ampliación de listaxes de agarda de profesorado substituto correspondente ao curso 2025-2026.

Son 9 as listaxes de agarda afectadas e que se relacionan  no correspondente anexo II.

Lémbraselles aos/ás candidatos/as xa incluídos/as (anexos VI) da obriga de participar para poder manterse nas listaxes; de non facelo decaerán no seu dereito a permanecer nelas.

O prazo de participación abrangue do 1 ao 17 de novembro (considerando que o 15 e o 16 son días inhábiles).