Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Aranzadi Instituciones: sesións formativas en liña (de outubro de 2025 a xaneiro de 2026)
Biblioteca
30-10-2025 ata: 03-01-2026De outubro a xaneiro, Aranzadi La Ley ofrece cursos en liña para aprender a utilizar a base de datos Aranzadi Instituciones.
Aranzadi Instituciones é un portal que contén todo tipo de documentación xurídica: lexislación, xurisprudencia, administrativa, convenios colectivos, formularios etc.
Próximos cursos:
- Aranzadi Digital Insignis/Professional/Instituciones (Formación inicial)
- Obxectivo: aprende a localizar xurisprudencia, lexislación ou formularios, así como outros documentos de interese.
- Desde o 31 de outubro ata o 29 de decembro, varias datas e horarios.
- Inscrición
- Aranzadi Digital Insignis/Professional/Instituciones (Formación avanzada)
- Obxectivo: aprende a configurar as túas alertas para estar ao día nas novidades, crea os teus dosieres para ter á man os documentos de máis uso e accede a todo o conxunto documental a través dos índices especializados. Así mesmo, aprendes a profundar no funcionamento dos sistemas de busca mediante o uso da busca asistida (operadores) e das diferentes funcionalidades.
- Desde o 30 de outubro ata o 2 de xaneiro, varias datas e horarios.
- Inscrición
Consulta aquí máis información sobre as formacións organizadas por Aranzadi-La Ley.
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo