Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sexenios 2025: depósito de publicacións no repositorio Investigo

Biblioteca

29-10-2025 ata: 28-02-2026

Desde 2023, Aneca establece que todas as publicacións que se presentan na solicitude de sexenios teñen que estar depositadas nalgún repositorio de acceso aberto.

 

Para garantirmos que podemos realizar ese traballo a tempo, desde a Biblioteca solicitámoslles a todas aquelas persoas que teñan que depositar no repositorio Investigo documentos para presentar á convocatoria de sexenios 2025, que o fagan o antes posible e nos avisen cunha mensaxe de correo a investigo@uvigo.gal. O obxectivo é identificar esas publicación e priorizar eses envíos.

 

Poden consultar máis información sobre o repositorio institucional Investigo e como facer o depósito nas seguintes ligazóns:

 

Biblioguía Repositorio institucional Investigo

10 Pasos para depositar en Investigo

 

Moitas grazas e saúdos,

 

Área de Repositorio Institucional

Universidade de Vigo

Biblioteca Central

Campus Lagoas-Marcosende

36310 Vigo

986 813 821

investigo@uvigo.gal