Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Interese sobre cursos de linguas estranxeiras na Universidade
Internacionalización
24-10-2025 ata: 07-11-2025Prezado estudantado, PDI e PTXAS:
Dende a vicerreitoria de Internacionalización estamos a planificar unha serie de cursos de linguas co obxectivo de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural nos tres campus.
Para poder adaptar a oferta aos vosos intereses, gustaríanos coñecer en cal destas linguas estades máis interesados e interesadas:
- As linguas propias: catalán e éuscaro.
- Lituano, xa que a nosa universidade é socia da Vilnius Tech (Universidade Europea ATHENA)
- Xaponés e coreano.
A vosa opinión é fundamental para deseñar unha programación que responda ás necesidades e vontades da nosa comunidade. Por iso, pedímosvos que cubrades esta breve enquisa antes do 7 de novembro:
Agradecemos a vosa colaboración e agardamos contar coa vosa participación nesta iniciativa que busca enriquecer a vida universitaria a través das linguas.
Un cordial saúdo,
Vicerreitoría de Internacionalización
- internacional@uvigo.gal
- +34 986 813587