Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Ciclo de cinema

Información cultural

24-10-2025

A lingua galega do cinema.  Sesión 3: A lingua da historia

Prefiro condenarme, de Margarita Ledo Andión

Nesta nova entrega do ciclo, mergullámonos na Galicia de 1972 para recuperar unha historia silenciada: o xuízo por adulterio contra Sagrario Ribela Fra, mariscadora da ría de Ferrol, ante o tribunal eclesiástico de Compostela.

A película, rodada nas comarcas de Ferrolterra e do Eume, é un canto á resistencia feminina e á memoria colectiva.

Data:  29 de outubro (mércores)

Hora: 19.00 horas

Lugar: Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón)

 

Máis info: https://novo.uvigo.gal/es/universidad/comunicacion/duvi/volve-ciclo-lingua-galega-cinema-oito-proxeccions-que-ponen-valor-producion-audiovisual-pais

 

O ciclo, organizado pola Área de Normalización Lingüística coa colaboración da Deputación de Pontevedra, constará de catro sesións con películas e curtametraxes galegas e posteriores coloquios e mesas redondas con algunhas das súas persoas protagonistas.