Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
II Ciclo de Formación en liña Scopus (04-06 de novembro 2025)
Biblioteca
25-10-2025 ata: 07-11-2025No mes de novembro terán lugar unhas novas xornadas de formación do “II Ciclo de Formación Online de Scopus” organizado pola FECYT en colaboración con Elsevier. As xornadas son gratuítas e en español.
Xa está aberta a inscrición para as sesións do mes de novembro, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.
- Martes 4 de novembro, de 15 a 17h. Scopus: nivel básico e intermedio. Inscrición
- Mércores 5 de novembro, de 10 a 11h. Scopus: métricas e comparación de revistas. Inscrición
- Xoves 6 de novembro, de 15 a 17h. Scopus: sesión de preguntas e respostas. Inscrición
Toda a información sobre a convocatoria, inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina de formación da Fecyt.
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo