Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

DECLARACIÓNS DE INTERESE MODIFICACIÓN/VERIFICACIÓN TÍTULOS CURSO 2027/2028

Información xeral

23-10-2025 ata: 28-10-2025

Como parte do procedemento para a aprobación da verificación e modificación de titulacións para o curso 2027-2028 indicado no Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2027/2028 (aprobado no Consello de Goberno do 30/07/2025).

Comunícase que están publicadas na páxina web para difusión á comunidade universitaria as declaracións de interese dos seguintes Másteres Universitarios e Programas de doutoramento:

VERIFICACIÓNS

  • Programa de doutoramento en Física, Computación e Aeronáutica
  •  

MODIFICACIÓNS SUBSTANCIAIS

  • Máster Universitario en Acuicultura

 

As declaracións de interese poden consultarse na páxina web:

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions 

seleccionando no curso 2027/2028 titulación de grao, máster ou doutoramento segundo corresponda.

Para calquera dúbida, poden dirixirse ao seguinte teléfono e correo electrónico:

Tlf.: 986 130 283

verifica@uvigo.es