Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Xa se pode escoitar o novo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo:
No primeiro episodio da segunda tempada de SONUVigo, achegarémosvos as claves das eleccións á Reitoría da UVigo e escoitaremos a Belén Rubio, a primeira candidata proclamada, neste caso pola formación H2040.
Recordaremos o máis destacado da homenaxe que a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación lle rendeu ao exreitor Domingo Docampo pola súa xubilación.
Falaremos con Laura Carballo e Juan Pou, distinguidos coas Medallas de Investigación de Galicia que concede a RAGC, e descubriremos con Beatriz Comendador os segredos arqueolóxicos que agocha o campus de Vigo.
Tamén coñeceremos polo miúdo o Programa Universitario de Maiores da UVigo e conversaremos con estudantes estranxeiros que cursan os seus estudos na nosa institución.
Para rematar, falaremos co economista Albino Prada do seu último libro e achegarémonos á nova Cátedra Deporte e Saúde.
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222