Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Prezado profesorado,
Ante as dúbidas recibidas, queremos aclarar os seguintes aspectos en relación co rexistro de sinaturas:
- O PDI terá á súa disposición unha folla de sinaturas na conserxería do seu centro de traballo, para asinala en calquera momento que lle sexa posible ao longo da xornada.
- No caso de persoas que teñan autorizada a non asistencia ao seu centro de traballo (debido a estadía, congreso, excedencia, dia por asuntos particulares etc) a Xerencia deseñou e enviou durante a xornada de hoxe aos responsables de cada centro/departamento/grupo unha táboa de ausencia que recollerá a listaxe de todas aquelas persoas que estean nesa situación.
- Naqueles casos en que por causa xustificada sobrevida con posterioridade á data da convocatoria ou imposibilidade constatada de asinar o rexistro non quedase constancia da asistencia, deberá achegarse unha xustificación á Xerencia no prazo dos 5 días seguintes á data da folga.
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595