Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Comezo do ciclo de cinema

Información cultural

13-10-2025

 

Este outono, os mércores de outubro e novembro veñen cargados de cine! Retomamos o ciclo de cinema «A lingua galega no cinema», unha proposta cultural para gozar de grandes películas, compartir reflexións e vivir a maxia da pantalla grande.

Cada sesión incluirá unha breve presentación da película e, ao remate, un coloquio aberto para comentar impresións e análises. Un espazo para o encontro, a cultura e o diálogo.

¡Non o perdas! Trae a túa curiosidade, as túas ganas de cine... e acompáñanos nesta viaxe audiovisual.

Data: 15 de outubro, ás 19.00 horas,  Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño. 

Lugar: Edificio Cambón

O ciclo, organizado pola Área de Normalización Lingüística coa colaboración da Deputación de Pontevedra, constará de catro sesións con películas e curtametraxes galegas e posteriores coloquios e mesas redondas con algunhas das súas persoas protagonistas.

Máis info: https://novo.uvigo.gal/es/universidad/comunicacion/duvi/volve-ciclo-lingua-galega-cinema-oito-proxeccions-que-ponen-valor-producion-audiovisual-pais