Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
XORNADA: Desafíos da (des)orde mundial.
A Universidade como espazo de análise crítica, diálogo e transformación
A xornada ten como finalidade ofrecer unha análise crítica da actual orde xeopolítica mundial, centrada nos principais conflitos e nas ameazas á paz global. .Ademais, búscase fomentar a reflexión sobre o papel transformador da universidade como espazo de coñecemento, diálogo e acción para a construción de sociedades máis pacíficas e comprometidas coa xustiza global.
Lugar e data:
29 de outubro de 2025 /18.00-20.00 h
Sala de exposicións Edificio Redeiras Rúa da Ribeira do Berbés, 11. Vigo
A xornada contará coa intervención de:
-Jesus A. Núñez Villaverde:Experto en relacións internacionais, seguridade internacional, construción da paz e prevención de conflitos, así como no mundo árabo-musulmán. É economista pola Universidade Autónoma de Madrid e militar retirado. Tamén é profesor de Relacións Internacionais na Universidade Pontificia de Comillas, membro do International Institute for Strategic Studies e vogal do Comité español da UNRWA. Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación escrita (El País, elDiario.es, infoLibre, El Periódico), radio (RNE) e televisión (TVE, La Sexta e Canal 24 Horas).
-Alberto Estévez Suárez :Analista sobre control de comercio de armas. Consultor de Amnistía Internacional. Alumni Honorífico pola Universidade de Vigo en 2025, en recoñecemento á súa dilatada traxectoria en dereitos humanos e control de armas.
- Natalia Monje :Coordinadora de Comunicación na ONG Ecos do Sur. Na súa traxectoria profesional aborda o discurso de odio e a desinformación.
- Virginia Romero Sobral: Docente da UVigo con unha ampla experiencia profesional no eido da cooperación ao desenvolvemento.
Inscrición:
A xornada é gratuíta e está destinada á comunidade universitaria e ao público en xeral.
É preciso inscribirse a través do seguinte formulario:
Formularios | Secretaría Online Universidade de Vigo
- vice.extension@uvigo.gal
- +34 986 813586