Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesións formativas en liña sobre a biblioteca virtual eLibro no mes de outubro

Biblioteca

09-10-2025 ata: 31-10-2025

Durante o mes de outubro, eLibro ofrece sesións de formación en liña sobre a súa biblioteca virtual. Están dirixidas ao alumnado, ao persoal docente e investigador e ao persoal bibliotecario. Cada sesión ten unha duración de 30 minutos, e as persoas interesadas poden inscribirse en calquera delas.

Xa está aberto o prazo de inscrición, que deben facer cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

Obxectivos: crear unha conta, buscar, ler en liña, uso de eLi (a ferramenta de intelixencia artificial de eLibro), descarga de libros coa APP etc.

Datas e horas das sesións

Xoves 9: 13:00 horas. Inscrición

Martes 14: 13:00 horas. Inscrición

Xoves  16: 13:00 horas. Formación dirixida a profesores/as. Céntrase no uso das ferramentas que permiten interactuar co alumnado: compartir carpetas, crear hipervínculos coa bibliografía recomendada, vincular co campus virtual etc.  Inscrición

Martes 21: 13:00 horas. Inscrición

Xoves 23: 13:00 horas. Inscrición

Martes 28: 13:00 horas. Inscrición

Xoves 30: 13:00 horas. Inscrición

Máis informaciónwww.elibro.es

eLibro utiliza a ferramenta Zoom para as súas sesións; poden seguilas no PC ou no móbil. As persoas que participen nalgunha das sesións poden solicitar o certificado de asistencia a capacitacion@elibro.com.

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo