Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas da Xunta de Galicia destinadas a alumnado matriculado nun máster oficial, en situación de desemprego, curso 2015-2016

Bolsas e axudas

16-09-2015 ata: 16-10-2015

Con data do 16 de setembro de 2015, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou a Orde pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2015-2016.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas, as personas interesadas poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no enderezo electrónico: 012@xunta.es

Se as dúbidas están relacionadas coa convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es

Requisitos dos/das solicitantes:

a) Estar en posesión dun título universitario, expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2013, que lle dá acceso aos estudos de máster universitario.

b) Estar matriculado/a no curso 2015-2016 nun máster universitario oficial, dun mínimo de 60 créditos.

c) Residir na Comuniade Autónoma de Galicia polo menos nos tres últimos anos anteriores á data de publicación desta convocatoria.

d) Estar inscrito/a como demandante de emprego, durante un período igual ou superior a 180 días no ano inmediatamente anterior.

e) Non estar incluídos nos casos de exención total da matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 90/2015, do 18 de xuño (DOG nº 123, do 2 de xullo).