Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo de Formación en liña Scopus 2025 (07-09 de outubro 2025)

Biblioteca

26-09-2025 ata: 10-10-2025

Ao longo dos meses de outubro a decembro terá lugar o “II Ciclo de Formación Online de Scopusorganizado pola FECYT en colaboración con Elsevier. As xornadas son gratuítas e en español, e nelas o persoal formador de Elsevier presentará as últimas actualizacións e novidades de Scopus.

Xa está aberta a inscrición para as sesións do mes de outubro. Para inscribirse cómpre utilizar a conta de correo institucional da Universidade de Vigo.

  • Martes 7 de outubro. 10 a 12h. Scopus: nivel básico e intermedio
    Inscrición
  • Mércores 8 de outubro. 10 a 11h. Scopus: busca avanzada
    Inscrición
  • Xoves 9 de outubro. 10-11h. Taller para autoras/es: como Scopus colabora no día a día do autor
    Inscrición 

Toda a información sobre a convocatoria, inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-scopus-julio-diciembre-de-2025-jornadas-de-octubre-2025

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo