Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Lanzamento dunha nova edición do programa One2One en inglés, português e francés
Internacionalización
29-09-2025 ata: 20-12-2025Prezada comunidade universitaria:
Comprácenos anunciar que a Vicerreitoría de Internacionalización lanza unha nova edición do programa One2One/ Frente a frente /Tête-à-tête.
Gustaríanos lembrar que o programa One2One/ Frente a frente /Tête-à-tête é unha actividade financiada e sen custo ata cubrir o orzamento asignado, que ten como obxectivo mellorar as habilidades de expresión, mediación e interacción oral en inglés, portugués e francés. A través de sesións individuais con profesorado do Centro de Linguas (CdL), estudantes, docentes e PTXAS poderán perfeccionar o seu dominio destes idiomas en contextos formais e informais.
Poderán traballar diversos aspectos, como a preparación dunha presentación para un evento científico, a defensa do TFG ou TFM en lingua estranxeira ou simplemente gozar dunha conversa informal para mellorar a fluidez.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse no seguinte enlace:
Ligazón English One2One: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/ingles/
Ligazón Portugués Frente a frente: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/portugues/
Ligazón Francés Tête-à-tête: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/outras-linguas/
Participade nesta nova edición e mellorade as vosas competencias lingüísticas co One2One/ Frente a frente /Tête-à-tête
Para máis información contacta con: centrodelinguas@uvigo.gal
- One2One_inglés [920.18 Kbytes]
- One2One_portugués [860.85 Kbytes]
- One2One_francés [870.86 Kbytes]
- internacional@uvigo.gal
- +34 986 813587