Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sesión en liña: JoVE & UVIGO: Como crear clases atractivas usando vídeos? (24 de setembro)
Biblioteca
16-09-2025 ata: 25-09-2025O vindeiro mércores 24 de setembro teremos dúas sesións formativas en liña idénticas para tirarlle o máximo proveito a JoVE.
JoVE (Journal of Visualized Experiments) é un productor e provedor de vídeos científicos aos que a Universidade de Vigo ten acceso por mor dunha subscrición xestionada pola Biblioteca Universitaria.
Este seminario está dirixido ao persoal docente e investigador dos ámbitos das ciencais naturais, ciencias aplicadas, ciencias da saúde e psicoloxía. Para obter a ligazón á sesión, cómpre rexistrarse coa conta de correo institucional.
Sesións
Mércores 24 de setembro de 2025 ás 10 h. Inscrición
Mércores 24 de setembro de 2025 ás 16 h. Inscrición
Programa
- Que é JoVE?:
- Como acceder aos vídeos?
- Que atoparemos en JoVE Education?
- Que é JoVE Research?
- Funcionalidades de JoVE
- Como compartir o contido
- Creación de listas de reprodución e cuestionarios
- Servizo personalizado de Abril Zagnitte
- Listas de reprodución relacionadas coa túa guía docente
- Axuda e soporte de Abril Zagnitte
- Preguntas e respostas
Máis información sobre JoVE na Biblioguía JoVE, elaborada pola biblioteca.
Para calquera consulta, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo