Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de axudas de investigación da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo 2025

Bolsas e axudas

12-09-2025 ata: 28-09-2026

Xa está publicada a Convocatoria de axudas de investigación da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo 2025

O obxectivo é promocionar e subvencionar a realización de proxectos de investigación centrados na aplicación da perspectiva de xénero ao estudo da cultura e a sociedade dixital. Os proxectos deben estar  estar relacionados cos contidos das titulacións impartidas nos campus de Pontevedra ou Vigo, campus a onde debe estar adscrita a ou o IP responsable da solicitude. 

Para calquera información, pódese contactar coa Unidade de Igualdade.