Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sorteo de entradas e descontos para o IX Foro de Educación Faro Educa
Información xeral
12-09-2025A Universidade de Vigo sortea 10 entradas para o IX Foro de Educación Faro Educa entre os membros da comunidade universitaria.
O evento terá lugar os días 26 e 27 de setembro de 2025 no Auditorio Mar de Vigo.
Deseguido, podedes consultar as bases do sorteo.
Ademais, o estudantado e o persoal da UVigo poderán gozar dun desconto na compra da súa entrada introducindo o código promocional FAROUVIGO25.
Animámosvos a participar!
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222