Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Wiley: seminarios en liña para autoras e autores (setembro-novembro)
Biblioteca
12-09-2025 ata: 19-11-2025-
Publicar en acceso aberto. 18 de setembro, 14:00 h. Inscrición.
-
Maximizar o uso das revistas científicas de Wiley para o/a investigador/a. 14 de outubro, 17:00 h. Inscrición.
-
Ferramentas de intelixencia artificial para o/a autor/a. 28 de outubro, 16:00 h. Inscrición.
-
Como promocionar con éxito o seu artigo despois de publicado. 18 de novembro, 17:00 h. Inscrición.
As tres universidades galegas, a través do CISUG, participan no acordo asinado entre a CRUE-CSIC e a editorial Wiley, que dá acceso á colección completa de revistas e ofrece a posibilidade de publicar en acceso aberto en máis de 1300 revistas híbridas do seu catálogo sen ter que pagar os APC (Article Processing Charge).
Máis información, na nosa biblioguía: Acordos transformativos para publicar en acceso aberto
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal