Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
II Ciclo de formación en liña Web of Science (16-18 de setembro)
Biblioteca
11-09-2025 ata: 19-09-2025Entre o 16 e o 18 de setembro terán lugar tres sesións de formación en liña de Web of Science, organizadas pola Fecyt e Clarivate. Estas sesións son gratuítas, de 60 minutos de duración, e están dirixidas a estudantado, persoal docente e investigador e persoal bibliotecario.
Martes, 16 de setembro de 14:00-15:00h. Os meus primeiros pasos con Web of Science – Nivel básico.
- Acceder a Web of Science coa suscrición institucional
- Aprender a buscar un tema
- Atopar as ligazóns aos textos completos
Mércores, 17 de setembro de 14:00-15:00h. Buscar en Web of Science e gardar as consultas – Nivel básico
- Traballar cunha conta persoal
- Buscar un tema con operadores booleanos
- Utilizar o historial para gardar buscas e crear alertas
- Gardar a bibliografía en listas marcadas
Xoves, 18 de setembro de 14:00-15:00h. Que hai de novo en Web of Science? – Sesión especial
- Busca intelixente
- Nova colección: Research Commons
- Colección Principal conectada con Retraction Watch Database
Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2025-jornadas-de-septiembre
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo