Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

convocatoria europea CERV-2025-EQUAL. 10 de setembro sesión informativa UE

Información ao PDI

09-09-2025 ata: 09-09-2027

Prezado persoal investigador:

A Comisión Europea abriu a convocatoria de propostas CERV-2025-EQUAL (Programa Citizens, Equality, Rights and Values), cun orzamento total de 20 millóns de euros. O seu obxectivo é promover a igualdade e loitar contra o racismo, a xenofobia e outras formas de discriminación, incluíndo o antixitanismo, o racismo contra persoas negras e asiáticas, o antisemitismo, o odio cara ás persoas musulmás e a LGBTIQ fobia. Estas son as liñas de financiamento dispoñibles:

-Support to public authorities to combat racism, xenophobia, LGBTIQ-phobia and all other forms of intolerance, including intersectional discrimination (CERV-2025-EQUAL-RESTRICTED).
- Promoting diversity management and inclusion at the workplace, both in the public and private sector (CERV-2025-EQUAL-DIVERSITYMGT).
- Fighting discrimination against LGBTIQ people and promoting LGBTIQ equality (CERV-2025-EQUAL-LGBTIQ).
-
Fighting against discrimination and racism, xenophobia and other forms of intolerance, including antigypsyism, anti-black, and anti-Asian racism (CERV-2025-EQUAL-RACI-DISC).
- Fighting against anti-Muslim hatred (CERV-2025-EQUAL-ANTIMUSLIM).
- Fighting against antisemitism (CERV-2025-EQUAL-ANTISEMITISM).

A Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA) xunto coa DG JUST organiza unha sesión informativa en liña na que explicará os aspectos máis relevantes desta convocatoria CERV 2025-EQUAL e ofrecerá orientación sobre como preparar as propostas (prazo límite de presentación de proxectos: o 23 de outubro de 2025):

Para mais información ou presentar unha proposta CERV 2025-EQUAL, pode contactar tamén connosco, na Oficina de Proxectos Internacionais-área educativa, a través do correo: dir.edu.opi@uvigo.gal 

Un saúdo moi cordial,

Eva Garea Oya
Directora de Área de Proxectos Internacionais Educativos
Oficina de Proxectos Internacionais
Universidade de Vigo