Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

O 9 ás 9, o reitor responde en directo

Información xeral

05-09-2025 ata: 09-09-2025

O vindeiro martes, 9 de setembro, ás 9.00 horas, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, dedicará unha hora a responder as preguntas dos membros da comunidade universitaria. 

As persoas que lle queiran formular algunha cuestión en directo ao reitor, sobre calquera asunto do ámbito universitario, ou simplemente seguir o chat, poderán facelo na sala  «O 9 ás 9» de Campus Remoto. Unha vez conectadas, as persoas que desexen interactuar co reitor, poderán escribir as súas cuestións no chat ou empregar a cámara e o micrófono.

A comunidade tamén lle poderá enviar as súas preguntas por correo ao enderezo 99@uvigo.gal. Unha estudante da Facultade de Comunicación encargarase de formularlle ao reitor as cuestións recibidas a través deste medio no transcurso da emisión.

Máis información