Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Procedemento de solicitude de axuda de acción social de matrícula na USC/UDC para o persoal da UVIGO.
Información xeral
21-08-2025 ata: 31-12-2025Por razóns alleas á universidade, no curso 2025/2026 cambia o procedemento de solicitude de axuda de acción social de matrícula na USC/UDC para o persoal da UVIGO.
O persoal que teña que aboar o importe de matrícula na USC ou na UDC poderá reclamalo na convocatoria de axudas para sufragar os gastos de matrícula para o persoal da UVIGO en universidades pertencentes ao sistema galego, que se publicará na convocatoria xeral de acción social correspondente.
- xerencia@uvigo.gal
- +34 986 813 560