Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Modificación solicitude acción social matricula 25_26

Información xeral

01-08-2025 ata: 31-12-2025

Por razóns alleas á universidade, no curso 2025/2026 cambia o procedemento de solicitude de axuda de acción social de matrícula na UVIGO para o persoal da UVIGO.

 A convocatoria de axudas publicarase no último trimestre do 2025. Para optar á axuda o persoal deberá presentar solicitude no prazo e forma que a devandita convocatoria estableza.

O persoal que non cumpra os requisitos para obter a “Bonificación da Xunta de Galicia 99%”, no momento da automatrícula deberá marcar o desconto “Persoal  da UVIGO” dando lugar á suspensión cautelar do pagamento dos prezos ata a resolución da convocatoria.

O persoal que cumpra os requisitos para obter a “Bonificación da Xunta de Galicia 99%”, no momento da automatrícula deberá marcar o desconto “Bonificación” e NON deberá marcar o desconto de persoal; no prazo establecido deberá pagar o importe resultante. Para recuperar este importe deberá presentar a solicitude no prazo e forma que estableza a convocatoria de axudas.