Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Concursos profesorado substituto LA2409 e asociado AS2501. Incidencia técnica
Convocatoria de prazas de PDI
28-07-2025 ata: 29-08-2025As persoas candidatas que presenten documentación para a participación nas convocatorias LA2409 para a contratación de profesorado substituto e AS2501 de profesorado asociado, atoparán unha incidencia na impresión da solicitude que hai que presentar xunto ao resto de documentación a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Mentres esta situación non se solucione, se presentará toda a documentación requerida na convocatoria, a través da sede electrónica, a excepción desta solicitude.