Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Xa se pode escoitar o noveno episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo:
No derradeiro episodio deste curso conversaremos co reitor da UVigo, Manuel Reigosa, sobre asuntos de actualidade, como a demanda da Universidade da Coruña para implantar un grao en Medicina, as titulacións de grao que universidades ou entidades privadas pretenden implantar, as obras recentemente iniciadas para a construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo ou as eleccións á Reitoría, que terán lugar o vindeiro mes de maio.
Ademais teremos tempo para repasar coas súas e os seus protagonistas cuestións como os proxectos de investigación nos que están a traballar María Mayán (CINBIO) e Armando Caballero (CIM); as expectativas do UM25 co que a UVigo competirá nas vindeiras semanas nas competicións de Formula Student de Portugal e de Croacia; ou a traxectoria profesional e os logros da vindeira doutora honoris causa da UVigo, a astrofísica Begoña Vila.
Grazas por escoitarnos. Volveremos o vindeiro mes de setembro con novos episodios de SONUVigo.
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222