Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Proxecto GREENDT_Convite velada cultural Uzbekistán-Samarkanda no edificio de Redeiras

Internacionalización

14-07-2025 ata: 14-07-2026

ASUNTO: Convite velada cultural Uzbekistán-Samarkanda no edificio de Redeiras

Estimadas e estimados membros da comunidade universitaria:

A Embaixada de Uzbekistán en España e a Universidade Técnica Estatal de Ferganá (FSTU) teñen o pracer de convidarvos a unha velada cultural que terá lugar mañá, 15 de xullo ás 15:00 horas, no edificio Redeiras da Universidade de Vigo, Rúa da Ribeira do Berbés 11, Vigo.

Este evento celébrase no marco do proxecto europeo CBHE Erasmus+ GREENDThttps://greendt-project.eu/ no que a Universidade de Vigo é socia, e será unha oportunidade única para coñecer máis de preto a cultura e o potencial de Uzbekistán e máis concretamente a cidade de Samarkanda.

Durante a xornada, compartiranse os encantos do país centroasiático: o seu rico patrimonio cultural, o ecosistema de innovación e as oportunidades de investimento. Ademais, contaremos con actuacións de artistas e grupos de danza uzbekos, e remataremos cunha degustación de pratos tradicionais.

Estaríamos moi honrados coa vosa presenza neste encontro intercultural. Prégase puntualidade.

Agardámosvos con ilusión!

Maribel Doval

Coordinadora do proxecto GREENDT na UVigo