Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Cuarta sesión da formación en InCites para o persoal investigador (17/7/25)

Biblioteca

12-07-2025 ata: 18-07-2025

O vindeiro 17 de xullo de 2025 vai ter lugar a cuarta sesión sobre o uso da ferramenta bibliométrica InCites, organizada e impartida por Clarivate

InCites Benchmarking & Analytics (InCites) é unha ferramenta bibliométrica que utiliza os datos de Web of Science para examinar os actores da investigación (instituciones, revistas, investigadores etc.).

Esta ferramenta está incluída na subscrición a Web of Science que xestiona a Biblioteca Universitaria. Para acceder a InCites cómpre ter unha conta persoal en Web of Science (WOS). Se non a ten, pode creala desde WoS ou desde a páxina de rexistro de InCites, coa conta de correo da Universidade de Vigo.

Recomendamos visualizar previamente as sesións anteriores para adquirir os coñecementos necesarios para o seguimento correcto deste curso. As gravacións das sesións 1 a 3 poden consultarse no portal de formación de Clarivate: https://clarivate.libguides.com/europe/spain

Sesión 4: Examinar el impacto académico de las instituciones con InCites

Data e hora da formación: 17/07/2025, de 13:00 a 14:00

Obxectivos:
- Interpretar o "Organization Report"
- Comparar o impacto académico das institucións
- Breve descrición dos “Departments” e “Locations” en InCites

Inscrición

Cómpre inscribirse co correo electrónico institucional e o nome completo, para a emisión do certificado de asistencia. As persoas inscritas recibirán unha mensaxe de confirmación. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe. Clarivate enviará o certificado de asistencia por correo electrónico nun prazo máximo de 7 días sen que sexa necesario solicitalo. Esta sesión vai ser gravada, e en 24 horas publicarán o vídeo correspondente no portal de formación de Clarivate.

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo