Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria roupa de traballo

Información ao PAS

27-06-2025

Infórmase aos solicitantes da roupa de traballo  convocada mediante  Resolución Reitoral do 6 de marzo de 2025 pola que se fai pública a convocatoria de roupa de traballo para o persoal de administración e Servizos, que a empresa adxudicataria é a mesma que na anterior convocatoria, Carser Uniformidad SL.

Esta empresa achegarase aos tres campus para PROBAR e ANOTAR as tallas do persoal, no horario de 11:00h a 14:00h e de 14:30h a 17:00h nas seguintes datas :

  • Mércores 2 de xullo no campus Vigo (Paraninfo Edificio Ernestina Otero)
  • Mércores 9 xullo no Campus Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal)
  • Mércores 16 xullo  no para Campus Ourense (Aula 0.10 do Edificio de Facultades)

No Campus de Vigo, a distribución horaria será a seguinte:

QUENDA DE  MAÑÁ:

  • De 11:00h a 12:00h Ámbito Científico, Ámbito Tecnolóxico, Ámbito Xurídico-Social e Animalario.
  • De 12:00h a 13:00h Servizos Centrais e Biblioteca
  • De 13:00h a 14:00h CAI+Laboratorios e Xardinería

QUENDA DE TARDE:

  • De 14:30h-15:30h Ámbito Científico, Ámbito Tecnolóxico, Ámbito Xurídico-Social
  • De 15:30 a 17:00h Servizos Centrais, Biblioteca e CAI+Laboratorios

No Campus de Pontevedra e Ourense o horario tamén será 11:00h a 14:00h e de 14:30h a 17:00h e cada persoa acudirá segundo a súa quenda de traballo.

No caso de non poder asistir nas datas sinaladas ou non considerando necesario asistir por querer manter a mesma talla que na anterior convocatoria, cómpre que envíen un correo electrónico á empresa adxudicataria adan@carser.es indicando nome e apelidos, posto e as prendas solicitadas coas tallas elixidas.

Os datos persoais  son facilitados á empresa concesionaria para o seu tratamento únicamente aos efectos da execución do contrato de suministro e quedan suxeitos á vixente normativa de protección de datos persoais.