Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo de formación en liña Web of Science (1-3 de xullo)

Biblioteca

24-06-2025 ata: 04-07-2025

Entre o 1 e o 3 de xullo de 2025 terán lugar tres novas sesións do II Ciclo de Formación en liña 2025 da base de datos Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións gratuítas, de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario. É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.

  • Martes, 1 de xullo de 13:00-14:00h. Las actualizaciones anuales de Journal Citation Reports.
    Journal Citation Reports (JCR) proporciona información bibliométrica sobre as 20 000 revistas académicas que forman parte da base de datos multidisciplinar Web of Science Core Collection. A sesión contará con Gabriela Balladares, Customer Success Consultant de Clarivate.

Inscrición

  • Mércores, 2 de xullo de 13:00-14:00h. Anticipar la próxima convocatoria de sexenios de investigación.

Web of Science crea automaticamente un perfil de investigador para cada/a autor/a que publicou nunha revista da Colección Principal. Este perfil inclúe información como as súas publicacións, afiliacións e revisións por pares realizadas. Cada investigador/a pode validar o seu perfil para mellorar o seu contido e os indicadores bibliométricos asociados. Nesta sesión analizarase como tirar partido da información dispoñible no perfil de investigador en Web of Science.

Inscrición

  • Xoves, 3 de xullo de 13:00-14:00h. Los registros de investigadores en ORCID.
    Esta sesión contará coa participación de Paloma Marín-Arraiza, Associate Director of Engagement en ORCID.

Inscrición

Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2025-jornadas-de-julio-2025

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo